Noticias

25-05-2017

Bautismos de mergullo para adultos e nenos/as.

O vindeiro luns, 29 de maio, abre o prazo para inscribirse nos bautismos de mergullo que organiza a concellería de Deportes de Fene, coa colaboración do Club de Actividades Subacuáticas Nautilus.

24-05-2017

O mércores 7 xuño abre o prazo para apuntarse ao "Verán máis alá"

Baixo o lema “Ímonos de viaxe!” volve un ano máis o programa de conciliación da vida laboral familiar “Verán máis alá”, dirixido ao alumnado escolarizado en educación infantil e primaria nado entre os anos 2005 e 2013 (idades de referencia, de 3 a 12 anos).

San Valentín acolle este fin de semana o I Torneo Fútbol Sala Biberón "Concello de Fene"

O Concello de Fene, o CMI Unidade de Fene e a delegación ferrolá da Federación Galega de Fútbol Sala organizan para este sábado, 27 de maio, o I Torneo de Fútbol Sala para nenos/as da categoría Biberón.


Las Lollipops rememoran este venres en Fene a época dourada do swing

O cuarteto de swing, boogie-woogie e dixieland Las Lollipops protagoniza este venres a segunda función do ciclo “Sons Diversos” que organiza a Concellería de Cultura de Fene no marco do programa “Cultura no Camiño”.


Alumnado do CEIP A Xunqueira participa nos obradoiros de alimentación saudábel

Obradoiros destinados a familias que se desenvolverán os día 25 e  30 de maio de 17.00 ha 18.00 h no CEIP A Xunqueira


Axenda

Tamén en fene.gal