Fene ao día

Novas

  • A unidade móbil de doazón de sangue desprázase a Perlío e Maniños o 1 de xuño

    A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase o vindeiro 1 de xuño a Perlío e Maniños. Así, en Perlío estará na praza da Escola –diante da Asociación de Veciños- de 10 a 12 horas, namentras que en Maniños estará diante da entidade bancaria de 12,30 a 15 horas. Dende o Concello, anímase á veciñanza a tomar parte na campaña de doazón.

  • Preto de 600 estudantes tomarán parte nas Xornadas de Xogos Populares Escolares

    Preto de 600 nenos e nenas dos centros educativos de Fene tomarán parte este xoves e venres, 23 e 24 de maio, nas Xornadas de Xogos Populares Escolares. Así, na xornada de mañá participará o estudantado do CPI A Xunqueira e do CEIP Centieiras, namentras que o venres fará o propio o do Colexio Jorge Juan, CEIP O Ramo e CEIP Os Casais.

  • Fene conmemora o Día dos Museos co espectáculo “Un show a cobro revertido”

    Fene conmemorará o Día dos Museos co espectáculo “Un show a cobro revertido”, a cargo de Las niñas de la risa. Terá lugar este sábado, 18 de maio, ás 20 horas, no Museo do Humor. A entrada é libre ata completar aforo e a cita, que organiza o Concello, conta coa colaboración da Deputación a través da Rede Cultural.

Ver máis

Axenda