Benvida

Saúdo do alcalde

Gumersindo P. Galego Feal
Alcalde de Fene

OS QUE VISITADES FENE, DESDE ESTA FIESTRA OU ACHEGÁNDOSE FÍSICAMENTE AO NOSO CONCELLO, BENVIDOS.

Desde esta páxina pode dar comezo unha visita virtual para coñecer de primeira mán moitos dos atractivos que oferta o noso concello.

Sen esquecer nunca a nosa principal actividade, os estaleiros, que permitiu facer medrar a este pobo e levar o nome de Fene por todo o mundo, vos convido a coñecer tamén a nosa oferta turística, as nosas praias, sendas verdes, fervenzas, gastronomía, festas populares, actos culturais e ocio.

Sirva este primeiro contacto virtual para animar a unha visita real na que se poida apreciar de primeira mán canto non se pode expresar nun pequeno saúdo.

Saúdo especial tamén para os peregrinos a Santiago, camiñantes do camiño inglés que percorre o concello. Saiban que a eles e a outros con diferente destino Fene lles adica O Monumento ao Camiñante descoñecido.

Saúdo tamén aos nosos emigrantes “Naturais de Fene” que teñen a sua rúa e esta páxina para non perder raices.

Fene é un importante pobo industrial que mira o seu futuro con ansias renovadas. O emprazamento privilexiado, o chan industrial atractivo e os inmellorables medios técnicos e humanos deben deparar aos nosos mozos e a todos aqueles que queiran vivir ou invertir en Fene un futuro esperanzador.

Grazas pola túa visita.

Gumersindo Galego Feal
Alcalde de Fene